O pasado mércores 4 de Abril alumnos de 3º ESO participaron no obradoiro desenvolvido polo Colexio de Xornalistas.
Xornalismo na escola é un proxecto realizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de
Galicia e a Obra Social 'la Caixa' e que xa vai pola 3ª edición.
Diferentes profesionais impartirán estas xornadas didácticas sobre comunicación a alumnos de 3º e 4º da ESO en Institutos de Ensino Secundario de toda a xeografía galega.
Diferentes profesionais impartirán estas xornadas didácticas sobre comunicación a alumnos de 3º e 4º da ESO en Institutos de Ensino Secundario de toda a xeografía galega.
Un total de 90 obradoiros que teñen como obxectivo
introducir ao alumnado no mundo dos medios
de comunicación, cada vez máis importante hoxe en día.
O alumnado tivo a oportunidade de entender o funcionamento
dos medios de comunicación e coñecer o seu papel na sociedade,
aprendendo a diferenciar as noticias reais das inventadas, contrastar
informacións, fomentar o espírito crítico etc...
Se queres ver a noticia na prensa podes clicar aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario