O tradicional entroido de Cobres é un
dos máis rechamantes, vistosos e atractivos e á vez diferentes
que se celebran en Galicia. Remóntase a principios do século XVIII
e esta herdanza cultural foi transmitida de pais a fillos de
xeración en xeración.
Os protagonistas son as Madamas e os
Galáns que percorren distintos lugares das parroquias de Santa
Cristina e San Adrián, acompañados por unha charanga (gaiteiros),
que ao son da música agasallan cos seus bailes aos presentes alí
por onde van. Cos bailes, a música (xotas, muiñeiras, o agarradiño)
e a popular Danza dos Cobres –propia da zona- levan a festa de
porta en porta
Adriana e Alejandro, dous compoñentes
novos dos grupos de Madamas e Galáns, fálannos do desenvolvemento da
celebración, da confección dos traxes, dos bailes e do sentir
particular que teñen cara á festa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario