O sombreiro é o elemento máis notable e chamativo do vestiario das madamas e dos galáns.
Antigamente moitas persoas encargábanse deste labor pero na actualidade apenas quedan persoas que saiban o oficio e, sobre todo, que durante horas e días se adiquen en corpo e alma a confeccionar un a un cada sombreiro.
Mucha é unha desas persoas que dende hai vinte e catro anos deseña e constrúe os sombreiros das madamas e dos galáns para o entroido.
Varias ducias das súas creacións luciron os integrantes dos grupos de bailadores.
Na entrevista contounos como foron mudando os materiais e os xeitos de construír cada un deles. Como empezou e, na actualidade, a escaseza de continuadores deste traballo, fundamental para que os traxes das madamas e os galáns luzan fermosos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario