Antigamente dicían que o día 2 de febreiro era o
día do amor:“Pola Candeloria casan os paxariños e maila
galiñola”
Esta data parécenos
ideal para amosar os nosos sentimentos a aqueles que máis queremos.
Por iso queremos desde o ENDL que este ano "biques en galego".
Escribe unha carta ou unha
declaración de amor
en lingua galega que pode ir dirixida a outras persoas, á natureza
ou calquera cousa animada que nos guste tanto que sexa capaz de espertar en nós
sentimientos de amor.
- Poderán redactarse en prosa
ou en verso, a man, a máquina ou a ordenador... e
non deberán sobrepasar unha carilla de extensión.
- Poderanse empregar todas
aquelas técnicas que se desexe, incluír debuxos, fotos....
- Terase en conta o grao de
elaboración, a orixinalidade, o correcto uso do idioma e a calidade da lingua.
- Todas as cartas deberán ser
inéditas e cada participante poderá
enviar un máximo de dúas cartas.
-
Podes enviar os teus traballos ben en word ou escaneados a este
enderezo: titoriavilaboa@gmail.com ou deixándoos nun sobre na conserxería do centro
cos teus datos persoais.
O prazo remata o día 31 de Xaneiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario